FiZ Fisioterapia

Preguntas frecuentes

Como podo concertar unha cita?

Podes poñerte en contacto connosco a través do teléfono 629 854 064 (tamén atendemos WhatsApp); ou empregar o formulario da páxina de contacto.

Como podo anular ou cambiar a miña cita?

O ideal é que te poñas en contacto por vía telefónica ou WhatsApp a través do teléfono 629 854 064.

Traballades con seguros médicos?

Actualmente formamos parte do cadro médico de SAVIA (MAPFRE Saúde Dixital). Ademais, se tes contratada algunha cláusula de reembolso total ou parcial no teu seguro médico (de calquera outra compañía), poderás presentar a nosa factura para que che devolvan a contía correspondente da sesión.

Canto duran as sesións?

A primeira cita adoita durar entre 1h 15 min e 1h 30 min (entrevista, exploración física e tratamento).

As sesións de tratamento posteriores teñen unha duración aproximada de 1 hora.

Podo ir acompañado/a e que este/a entre na sala comigo?

Si, sen ningún problema.

Podo solicitar un informe profesional tras a sesión de fisioterapia?

Si, só tes que indicárnolo e farémoscho chegar na maior brevedade sen custo adicional.

Dispoñedes de bonos?

Nestes momentos non dispoñemos de bonos.

Que se precisa para o tratamento a domicilio?

Só é necesario dispoñer dun espazo o suficientemente amplo para poder montar a camilla. Se é preciso algún tipo de material adicional xa nos encargamos nós de levalo.

Ofrecedes servizo a distancia?

Nestes momentos non dispoñemos de servizo de consulta online, aínda que no servizo de rehabilitación cardíaca e cardiometabólica se ofrece en modalidade semipresencial.

Que debo levar a unha primeira consulta?

Nestes momentos xa non é obrigatorio o uso de mascarilla.

Podes traer calquera informe médico de interese, especialmente de probas complementarias coma radiografías, resonancias, etc.

É recomendable que traias roupa cómoda; se se trata dun problema de membro inferior trae pantalón curto. No caso de ter o pelo longo ou media melena, podes traer unha goma para recollelo.

Os menores deben asistir acompañados do seu pai, nai, ou titor legal e asinar por eles o consentimento de datos.