Tratamento ou prevención de lesións; mellora do funcionamento físico; etc.
Levamos preto de 10 anos traballando para mellorar a calidade de vida dos nosos pacientes e contamos cunha ampla experiencia en ámbitos coma a terapia manual, a fisioterapia respiratoria, e a rehabilitación cardíaca e cardiometabólica.
Ofrecemos un enfoque personalizado adaptando o tratamento ás necesidades de cada paciente, e colaboramos con especialistas doutras áreas para unha abordaxe multidisciplinar dos casos que o requiren.
Descubre a calidade de vida e o benestar que che pode aportar a fisioterapia. Agardámoste!
Anamnese
Farémosche unha entrevista inicial completa e elaboraremos a túa historia clínica para coñecer a fondo o teu problema.
Exploración física
Levaremos a cabo un exame físico para completar o diagnóstico en fisioterapia.
Consenso de obxectivos
Estableceremos en común os nosos obxectivos a acadar.
Tratamento
Planificaremos e poremos en marcha un tratamento personalizado e adaptado ás túas necesidades.
Educación
De xeito paralelo ensinarémosche as ferramentas que precisas para poder autoxestionar o teu problema.
WhatsApp us