Como fisioterapeuta confío nun enfoque personalizado e centrado no paciente, basado no razonamiento clínico, na evidencia científica máis actualizada; e na aplicación de técnicas de terapia manual especializadas. Este traballo compleméntoo coa programación e seguemento de exercicios específicos adaptados á situación e aos obxectivos de cada paciente; e coa educación, para que os pacientes poidan ser máis autosuficientes e optimizar os resultados.
A maiores de atender no gabinete de FiZ Fisioterapia de Pontevedra, colaboro con outras entidades levando a cabo un traballo multidisciplinar con profesionais doutras áreas. Presto servizos noutras clínicas, principalmente relacionados coa fisioterapia respiratoria, tanto en adultos coma pediátrica. Tamén colaboro con centros de adestramento persoal na readaptación de lesións.
Colaboramos con / Somos membros de
Farémosche unha entrevista inicial para coñecer a fondo o teu problema.
Levaremos a cabo un exame físico para completar o diagnóstico en fisioterapia.
Estableceremos en común os nosos obxectivos a acadar.
Planificaremos e poremos en marcha un tratamento personalizado e adaptado ás túas necesidades.
De xeito paralelo ensinarémosche as ferramentas que precisas para poder autoxestionar o teu problema.
Un lugar cómodo e acolledor no que te sentirás a gusto.
WhatsApp us