FiZ Fisioterapia

Tratamentos de Fisioterapia en Pontevedra

Tratamentos de fisioterapia

Fisioterapia neuromúsculoesquelética

Terapia manual, manexo da dor.

Exercicio terapéutico

Tratamento ou prevención de lesións, mellora da condición física, etc.

Fisioterapia respiratoria para adultos e nenos

Tratamento de patoloxías respiratorias.

Tratamento de punción seca

Tratamento da dor miofascial.

Rehabilitación cardíaca e cardiometabólica

Tratamento tras un infarto de miocardio ou síndrome coronario.

Fisioterapia laboral

Prevención, recuperación e formación laboral.

Fisioterapia en domicilio

Achegámonos ata o domicilio dos pacientes con problemas de mobilidade.

Por que escoller os nosos tratamentos?

Experiencia e especialización

Apoiámonos nos nosos case 10 anos de experiencia, e nas últimas actualizacións científicas para acelerar o teu proceso de recuperación.

Eficiencia e honestidade

Buscaremos solucionar o teu problema no menor número de sesións. Valoramos o teu tempo e diñeiro.

Atención personalizada

Adaptamos os tratamentos ás túas necesidades buscando cumprir as túas metas.

Seguemento

Acompañaremoste durante todo o proceso de recuperación estando accesibles cando o precises.

Traballo multidisciplinar

Colaboramos con profesionais doutras áreas como médicos e preparadores físicos para a resolución daqueles casos que o precisan.

Innovación

Esforzámonos por formarnos de xeito continuo e coñecer as técnicas de tratamento máis actuais e punteiras

Satisfación

Os nosos pacientes aválannos. Gústanos saber como foi a túa experiencia connosco para mellorar día a día e poder axudar a outras persoas que o precisen.

Fisioterapia neuromúsculoesquelética

  • Empregamos técnicas de fisioterapia neuromuscoloesquelética para a abordaxe de lesións relacionadas co nervio, o músculo e a articulación coa fin de reducir a dor, a inchazón e a rixidez.
  • En FiZ Fisioterapia facemos uso de técnicas manuais específicas combinadas co exercicio terapéutico.
  • Contamos con formación no Concepto Maitland®, que é unha das formacións máis influíntes na Terapia Manual a nivel mundial.

Exercicio terapéutico

  • Prescribimos programas de exercicios personalizados e individualizados adaptados ás diferentes fases do proceso de recuperación dos pacientes.
  • Empregamos o exercicio terapéutico no tratamento ou prevención de lesións; na mellora, restablecemento ou potenciación do funcionamento físico; na prevención ou redución de factores de risco para a saúde; etc.

Fisioterapia respiratoria para adultos e nenos

  • Valoramos e tratamos pacientes adultos e pediátricos con patoloxías respiratorias, tanto agudas coma crónicas.
  • Empregamos técnicas especializadas para a desobstrución das vías respiratorias axudándolle ao paciente a retomar a actividade física e o esforzo.
  • En FiZ Fisioterapia formámonos de xeito continuo no coñecemento e tratamento da patoloxía.
  • Contamos con experiencia no tratamento de pacientes no ámbito hospitalario.

Tratamento de punción seca

  • Aplicamos a técnica de punción seca en puntos gatillo para o tratamento da dor miofascial conseguindo os seguintes beneficios: redución da dor, mellora de mobilidade e a flexibilidade, diminución da rixidez, e eliminación de contracturas musculares.
  • Contamos con formación acreditada.

Rehabilitación cardíaca e cardiometabólica

  • Ofrecemos axuda a aqueles pacientes que superaron unha cardiopatía isquémica (infarto de miocardio ou síndrome coronario), e que tras ter realizado un programa de rehabilitación cardíaca precisen a supervisión e a programación dun profesional sanitario para seguir adestrando.
  • En FiZ Fisioterapia estamos preparados para programar exercicio físico adaptado a este tipo de pacientes.
  • Modalidade semipresencial. Combinamos as sesións de fisioterapia presenciais cun seguemento continuo vía telemática.

Fisioterapia laboral

Dende FiZ Fisioterapia ofrecemos asistencia a empresas para mellorar o benestar e a saúde dos traballadores e traballadoras.

  • Prevención. Avaliamos individualmente os riscos do posto de traballo e damos recomendacións para melloralos; aconsellamos sobre hixiene postural; deseñamos programas de exercicios e estiramentos adaptados para evitar lesións no ambiente laboral.
  • Recuperación. Valoramos cada caso e acompañamos aos pacientes en todo o proceso de recuperación.
  • Formación. Educamos sobre ergonomía no traballo, prevención de lesións, e coidados posturais.

Fisioterapia en domicilio

  • Achegámonos ata o domicilio daqueles pacientes que teñen problemas de mobilidade, ou que debido á súa patoloxía non poden desprazarse.
  • Aproximamos e personalizamos a asistencia a cada paciente implicando á familia no seu proceso de recuperación no fogar.

Opinións dos pacientes de FiZ Fisioterapia

Sara Diaz García
Sara Diaz García
06/06/2023
Profesional 100% implicado con su trabajo, preocupado por actualizarse y formarse continuamente para conocer nuevas técnicas. Es un placer acudir a su clínica y recibir un trato tan bueno.
Lúa Alonso
Lúa Alonso
05/06/2023
Resolutivo. Buena ubicación.
Elvira Montes Otero
Elvira Montes Otero
30/04/2023
Muy contenta con Adrián. Clínica muy limpia y acogedora!
Xan Argiz
Xan Argiz
30/04/2023
Profesional muy implicado. Recomendable.
Alberto Fernández Tejo
Alberto Fernández Tejo
09/04/2023
Encantado co tratamento recibido na clínica. O nivel profesional de Adrián é moi alto. Moi recomendado!
Pablo Pérez Mariño
Pablo Pérez Mariño
10/03/2023
Una atención y un trato 10/10 Excelente profesional con una formación actualizada y que transmite la información de la forma más adecuada.
Patri Gil
Patri Gil
04/01/2023
Trato muy profesional
Lucía Argiz
Lucía Argiz
12/12/2022
Servizo moi profesional e con bos resultados. Local céntrico e acolledor. Recomendable.
Ana Stark
Ana Stark
06/12/2022
Gran profesional, totalmente implicado no tratamento. Nótase que posúe unha ampla formación, explica todo de forma que o entendas para guiarte na recuperación. Trato cercano, agradable e honesto. Moi recomendado.
laura louzao abalde
laura louzao abalde
26/11/2022
Estoy muy contenta con el trato recibido por Adrián. Fisio 100% recomendable.

Pide a túa cita de fisioterapia