FiZ Fisioterapia

Coñécenos

Adrián Figueras Alonso

Como fisioterapeuta confío nun enfoque personalizado e centrado no paciente, basado no razonamiento clínico, na evidencia científica máis actualizada; e na aplicación de técnicas de terapia manual especializadas. Este traballo compleméntoo coa programación e seguemento de exercicios específicos adaptados á situación e aos obxectivos de cada paciente; e coa educación, para que os pacientes poidan ser máis autosuficientes e optimizar os resultados.

A maiores de atender no gabinete de FiZ Fisioterapia de Pontevedra, colaboro con outras entidades levando a cabo un traballo multidisciplinar con profesionais doutras áreas. Presto servizos noutras clínicas, principalmente relacionados coa fisioterapia respiratoria, tanto en adultos coma pediátrica. Tamén colaboro con centros de adestramento persoal na readaptación de lesións.

Adrián Figueras Alonso - Fiz Fisioterapia

Colaboramos con / Somos membros de

Loma Logo - Fiz Fisioterapia

A nosa metodoloxía de traballo

Anamnese - Fiz Fisioterapia

1. Anamnese

Farémosche unha entrevista inicial para coñecer a fondo o teu problema.

Exploración física - Fiz Fisioterapia

2. Exploración física

Levaremos a cabo un exame físico para completar o diagnóstico en fisioterapia.

3. Consenso de obxectivos a acadar

Estableceremos en común os nosos obxectivos a acadar.

Tratamento - Fiz Fisioterapia

4. Tratamento

Planificaremos e poremos en marcha un tratamento personalizado e adaptado ás túas necesidades.

Educación - Fiz Fisioterapia

5. Educación

De xeito paralelo ensinarémosche as ferramentas que precisas para poder autoxestionar o teu problema.

Clínica Pontevedra

Un lugar cómodo e acolledor no que te sentirás a gusto.